CRTVG

Buscar

O Reino Unido eleva o nivel de ameaza terrorista por risco de atentado contra os parlamentarios

Publicado o 21/10/2021 09:43
O Reino Unido eleva o nivel de ameaza terrorista por risco de atentado contra os parlamentarios

O Goberno do Reino Unido elevou o nivel de ameaza terrorista contra os parlamentarios do país pola posibilidade real dun atentado contra algún deles.

A decisión, anunciada pola ministra do Interior no Parlamento, tómase case unha semana despois do asasinato a coiteladas do deputado conservador David Amess.

O nivel de ameaza subiu de moderado a substancial, segundo a escala que manexan as autoridades británicas, que tamén ordenaron revisar as medidas de seguridade para os parlamentarios británicos. 

Noticias web

21/10/2021