CRTVG

Buscar

O Reino Unido é o país europeo con mellor ritmo de vacinación

Publicado o 26/01/2021 21:02

En Europa agárdase que o 80 % dos maiores e dos sanitarios estean vacinados en marzo. De entre os países europeos , o Reino Unido é con diferenza o que mellor ritmo de vacinación leva.

O país británico lidera esa clasificación de ritmo de vacinación. Aproximadamente un 10,4 % dos habitantes xa recibiron unha dose da inmunización.

Aquí comezouse a vacinar o 8 de decembro, actualmente subminístrase a vacina de Pfizer e a de AstraZeneca, aínda que tamén se aprobou a de Moderna, que empezará a aplicarse na primavera.

Pero malia este bo ritmo de vacinación e malia que os datos de casos e contaxios no Reino Unido non son tan alarmantes coma en días pasados, a situación aquí segue sendo preocupoante.

A Organización Mundial da Saúde reportou a día de hoxe máis de tres millóns e medio de casos de infectados e máis de 100.000 mortos. Convértese así no primeiro país europeo en superar esa cifra. 

Noticias web

26/01/2021