CRTVG

Buscar

O Reino Unido deixa fóra España na súa "lista verde" de 12 destinos de viaxe

Publicado o 07/05/2021 19:26

O Goberno do Reino Unido anunciou este venres unha "lista verde" de 12 países e territorios cara aos que se facilitarán as viaxes para partir do 17 de maio en que figuran Portugal, Xibraltar e Israel, pero que deixa fóra por agora a España, Francia ou Grecia.

O ministro de Transporte británico, Grant Shapps, detallou que os viaxeiros que regresen a Inglaterra desde eses destinos non deberán cumprir unha corentena de dez días e deberán facer unha proba PCR de coronavirus unha vez regresasen, en lugar de dúas, requisitos que si deberá cumprir quen proveña de territorios clasificados como "ámbar".

Nunha conferencia de prensa, Shapps detallou que a clasificación se revisará tres semanas despois do 17 de maio, a data en que se levantará a prohibición de viaxar ao estranxeiro desde o Reino Unido.