CRTVG

Buscar

Inglaterra atrasa ata o 19 de xullo a fin das restricións polo impacto da variante Delta

Publicado o 14/06/2021 19:40
EFE

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, anunciou este luns que o final das restricións impostas pola pandemia da covid-19 se atrasa ata o 19 de xullo en Inglaterra, fronte ao 21 de xuño que estaba previsto, a causa do impacto do variante Delta do coronavirus.

Nunha conferencia de prensa, Johnson dixo que esta medida dá á sanidade británica "unhas semanas máis" para avanzar na campaña de vacinación e administrar así as dúas doses da vacina a polo menos dous terzos da poboación adulta para o 19 de xullo.  

A pesar diso, o primeiro ministro mostrouse "confiado" en que, se a cifra de hospitalizacións se reduce, dentro de dúas semanas poida adiantar o final da desescalada. 

Noticias web

14/06/2021