CRTVG

Buscar

O rei don Xoán Carlos evoluciona satisfactoriamente e seguirá na UCI

Publicado o 25/08/2019 14:42

O Rei emérito evoluciona ben nas primeiras horas do postoperatorio tras o triple bypass aortocoronario que se lle realizou onte na Clínica Quirón de Madrid. Nun escueto parte médico, igual ca onte, indicouse que está consciente e que respira sen axuda.

Os médicos destacan ademais que o seu estado de ánimo é bo. Polo momento seguirá na Unidade de Coidados Intensivos. Unha hora despois do parte médico, o rei emérito volvía recibir a visita de dona Sofía. Ía acompañada doutros membros da familia, como a súa irmá Irene de Grecia e a súa curmá Tatiana Radziwill...

Á súa chegada bromeaba cos xornalistas, sobre os datos do último parte médico: "Xa saben máis ca min, grazas pola información". E aseguraba que están "moi contentos" pola boa evolución de don Xoán Carlos...
"si, si, estamos moi contentos. Si. si, o resto da familia virá visitalo. Si, sempre está de bo humor"

Onte acudían á Clínica ademais de dona Sofía, o rei Filipe VI. Coñeceremos o próximo parte médico mañá luns.

Noticias web

25/08/2019