CRTVG

Buscar

O rei Xoán Carlos cumpre 82 anos, o aniversario máis tranquilo tras a abdicación

Publicado o 05/01/2020 13:42

O rei Xoán Carlos fai hoxe oitenta e dous anos. Este aniversario chega cinco anos despois de abdicar no seu fillo e sete meses despois de tomar a decisión de retirarse da vida pública. Máis relaxado desde entón, don Xoán Carlos recibe o novo ano máis recuperado de saúde, tras someterse a un triplo bypass en agosto. Desde entón, ocupan a súa axenda a familia e as actividades de lecer, como a vela, que o trae con moita frecuencia a Sanxenxo.

Noticias web

05/01/2020