CRTVG

Buscar

O Rei visita a fábrica de Seat en Martorell, coa ausencia de representantes da Generalitat

Publicado o 05/03/2021 15:09

O Rei visitou a fábrica de Seat en Martorell no 70 aniversario da empresa automobilística.

Filipe VI estivo acompañado polo presidente do Goberno e a ministra de Industria, pero non estivo presente ningún representante do executivo catalán.

No exterior da factoría houbo algunhas concentracións minoritarias de protesta pola visita do xefe do Estado.

No seu discurso, o rei subliñou o papel emprendedor de Cataluña, e destacou a importancia da primeira planta de baterías para vehículos eléctricos, que estará situada nesta localidade barcelonesa, segundo anunciou o Goberno nas últimas horas.

Filipe VI dixo que "saúda de maneira efusiva e con ilusión o gran consorcio do Goberno co Grupo Volkswagen e Iberdrola, que vai permitir montar a primeira planta de baterías para coches eléctricos en España".

Noticias web

05/03/2021