O rei retoma a súa axenda cunha visita á Comandancia Naval do Miño, en Tui
Choque de cóbados e bos desexos para darlle a benvida a Tui a un rei, cinco séculos despois de que o fixera Manuel I de Portugal no ano 1502.
Filipe VI visitou a Comandancia Naval e pasou polo Miño no Cabo Fradera, o único patrulleiro fluvial e o segundo máis antigo da Armada despois do Elcano.
Tras a travesía o rei comentou con Alberto Núñez Feijóo o labor deste buque que fai traballos de vixilancia no treito internacional do río coa misión de que se cumpra o Tratado de Límites que asinaron España e Portugal.
Nesta recpeción estiveron tamén o delegado do Goberno, o presidente do Parlamento e outras autoridades, pero non os alcaldes do Rosal, Tomiño e As Neves, do BNG. En Tui convocáronse concentracións a favor e en contra da monarquía.
O último acto público de Filipe VI fora o 17 de agosto en Eivisa.