CRTVG

Buscar

O Rei recibe o presidente de Chile, de visita oficial en España

Publicado o 07/09/2021 15:24
O Rei recibe o presidente de Chile, de visita oficial en España

O presidente de Chile visita España dentro da súa xira por varios países europeos. Sebastián Piñera reuniuse con Filipe VI na Zarzuela, onde nestes momentos participa nun xantar cos reis.

Piñera tamén mantivo un encontro co presidente do Goberno, co que abordou a necesidade de afondar nas relacións bilaterais entre Chile e España.

Noticias web

07/09/2021