O rei Filipe VI interveu no V Foro do Mediterráneo por videoconferencia

O rei Filipe IV interveu dende o Palacio da Zarzuela na sesión inaugural do V Foro Rexional da Unión polo Mediterráneo, que se desenvolve en Barcelona. Fíxoo de xeito telemático, ao estar en corentena despois de que mantivera un contacto próximo cun positivo por covid-19.
Pediu corresponsabilidade e obxectivos claros aos países dunha eurorrexión que atravesa unha situación complexa e difícil polos diversos conflitos e tensións. Pese a esas circunstancias, ás que hai que sumar a emerxencia sanitaria da covid, Filipe VI chamou a non deixarse levar polo desánimo.
Na apertura estivo de xeito presencial o xefe da diplomacia europea, Josep Borrel, e a Ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, e o secretario xeral da UpM, o exipcio Nasser Kamel.
O monarca permanece en corentena dende o pasado luns e o illamento vaise prolongar durante dez días, en que o xefe do Estado suspendeu a súa axenda oficial no que se refire a actos presenciais.