CRTVG

Buscar

O Rei Filipe VI renuncia á herdanza e retíralle a asignación ao pai

Publicado o 16/03/2020 21:35
O Rei Filipe VI renuncia á herdanza e retíralle a asignación ao pai

Foi da man do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska e nunha
entrevista este luns a un medio de comunicación. Eloxia a decisión do
Rei , pero cre que os españois deben saber a orixe da suposta fortuna
de don Xoán Carlos.

Chegou o comunicado en plena crise do coronavirus. Tres páxinas en que
Filipe VI renuncia á herdanza do seu pai e retíralle a súa asignación
como membro da familia real. Faino, segundo di, "en coherencia co seu
discurso de proclamación: a Coroa debe observar unha conduta íntegra,
honesta e transparente". No comunicado tamén se expresa o Rei emérito
para comunicar que se defenderá nos tribunais e desvincula o seu fillo e
súa familia da información publicada no diario británico 'The Telegraph'
que asegura que o rei Filipe VI é o segundo beneficiario dunha fundación
investigada por recibir 100 millóns de dólares de Arabia Saudita, e coa
que, supostamente, don Xoán Carlos estaría vinculado.

Non tardaron en reaccionar ao comunicado algúns partidos políticos. O
primeiro o líder do PP, que lle alaba o xesto ao Rei e reafirma a
lealdade do Partido Popular coa Coroa. VOX tamén gaba a conduta da Casa
Real e di que "aplaude tan contundente comunicado". Máis críticas son as
reaccións de Podemos que emprazan a pedir responsabilidades unha vez
rematada a crise sanitaria ou do voceiro de ERC , Gabriel Rufián, quen
considera que se trata dunha "confesion" e pide que se abra unha
investigación". Todos o fixeron como só se pode facer en época de
illamento: a través das redes sociais.

 

Noticias web

16/03/2020