CRTVG

Buscar

O rei entrégalle o premio Cervantes a Joan Margarit

Publicado o 21/12/2020 21:25

O rei entregoulle este luns o premio Cervantes a Joan Margarit. Os reis viaxaron por sorpresa a Barcelona e nun acto privado no palecete Albéniz, que é a residencia oficial do rei cando visita a cidade, entregáronlle o premio ao poeta catalán.

Joan Margarit tiña que recibir o Cervantes na tradicional cerimonia do 23 de abril, pero a covid obrigou a suspender o acto.

 

Noticias web

21/12/2020