CRTVG

Buscar

O rei emérito non viaxará a España este Nadal

Publicado o 17/12/2020 15:37

A situación da pandemia está tamén detrás da decisión de don Xoán Carlos, que finalmente non virá a España este Nadal.

Nunha mensaxe que enviou aos seus achegados, o rei Xoán Carlos di que é persoa de alto risco e prefire agardar a que todo mellore para viaxar.

O anuncio coincide cun desmentido da Casa Real. Nega que o rei estea ingresado nunha clínica de Abu Dhabi por coronavirus, como publica hoxe o xornal catalán Ara.

Noticias web

17/12/2020