CRTVG

Buscar

O Rei do Cachopo, culpable de matar e despezar a súa moza

Publicado o 01/06/2021 20:16
O Rei do Cachopo, culpable de matar e despezar a súa moza

César Román, coñecido como o Rei do Cachopo, foi declarado culpable de matar e despezar a súa moza Heidi Paz. Os nove membros do xurado popular adoptaron a decisión por unanimidade tras dous días de deliberacións. Consideran probado que o empresario é responsable dun delito de homicidio e outro de profanación de cadáver. Agora a Audiencia de Madrid deberá redactar a sentenza. A fiscalía pide 15 anos de prisión, e a acusación particular 25.

Noticias web

01/06/2021