CRTVG

Buscar

O Rei di que a reactivación económica debe cumprir coa premisa da sostibilidade

Publicado o 09/06/2021 08:13

O rei Felipe VI sinala a internacionalización, a dixitalización e a sostibilidade como os factores determinantes para aumentar a competitividade da economía española. Díxoo no II Foro Económico Internacionalización de Expansión, onde se referiu á necesidade dunha reactivación económica acorde coa protección do medio natural.

"Hai que poñer en marcha todos os instrumentos e as ferramentas dispoñibles para recuperar eses ritmos de crecemento anteriores á pandemia, pero tendo en conta as transformacións e as tendencias que se aceleraron, sen dúbida, e sobre todo esa premisa sempre da sostibilidade como algo ineludible ante tantas evidencias de emerxencia climática e da deterioracion dos ecosistemas", dixo Felipe V!.

Noticias web

09/06/2021