CRTVG

Buscar

O Rei das Pegatinas, un entroideiro sen Entroido

Publicado o 12/02/2021 20:54

En Verín non é Xerardo Hervella é o Rei das Pegatinas, hoxe sen comparsas nin charangas.

Asume a perda pero para un entroideiro coma el, con 68 anos e dende cativo, esta festa é a súa ilusión. Para mostra esta libreta onde calculou as datas en que cae o Entroido ata o ano 2.120.

Ten expostas na casa, coma se un museo fose, todos os adhesivos e carteis oficiais do Entroido, unha cobizada colección, da que as pezas que só el ten nin amosalas quere. Este ano a falta de

Entroido e de adhesivo, el mesmo, traballador de imprenta xubilado, deseñou un.

Nin a guerra civil nin a ditadura foi q uen de deixarnos sen Entroido.

Unha tradición que sobriviviu xeracións e xeracións e que un virus non vai rematar. Longa vida ao Entroido!

Noticias web

12/02/2021