CRTVG

Buscar

O rei cualifica como "exemplar" a cooperación migratoria entre España e Marrocos

Publicado o 14/02/2019 21:37

Na segunda e última xornada da viaxe de Estado dos reis a Marrocos, Filipe VI destacou o papel prioritario que o reino alauíta ocupa para España. Proba diso, os once acordos bilaterais en distintas materias asinados durante a visita. O Rei cualificou ademais como exemplar a cooperación que os dous países manteñen na loita contra o terrosimo e contra a inmigración irregular.

"Vertebramos un modelo de cooperación recoñecido por socios e veciños nun ámbito de responsabilidade compartida que debemos seguir traballando e reforzando co apoio da Unión Europea polo que España traballou e seguirá traballando", di Filipe VI.

A anécdota da xornada protagonizouna a raíña Letizia ao rescatar do armario o traxe que lucira o día da súa pedida de man hai agora 14 anos. Unha elección interpretada como unha chiscadela romántica, por ser San Valentín.

Noticias web

14/02/2019