CRTVG

Buscar

Filipe VI condecora no sétimo aniversario do reinado unha voluntaria galega

Publicado o 18/06/2021 15:23

Filipe VI conmemora os seus sete anos de reinado, que se fan hoxe. O monarca celebrou a data cun recoñecemento á sociedade civil. Foi nun acto solemne celebrado no Palacio Real, en que estivo acompañado pola Raíña, a princesa Leonor e a infanta Sofía.

O Rei condecorou 24 cidadáns anónimos de todas as comunidades pola súa contribución na loita contra a pandemia. Entre os homenaxeados houbo sanitarios, científicos, mestres, agricultores ou transportistas. E unha galega, Carmen Martínez Valladares, voluntaria do teléfono da esperanza.

O Rei destacou a importancia da cohesión e da unidade para avanzar como país.

Noticias web

18/06/2021