CRTVG

Buscar

O regreso das praias provoca retencións nas estradas costeiras das Rías Baixas

Publicado o 17/08/2021 22:25
O regreso das praias provoca retencións nas estradas costeiras das Rías Baixas

O tempo de sol e calor do que gozan, sobre todo, no sur de Galicia fai que moitos opten por pasar o día ou a tarde nas praias. Isto tradúcese en importantes atascos na viaxe de volta. 

Segunda quincena de agosto e aínda son moitos os que gozan dos areais das Rías Baixas. O mal tempo que tivemos en xullo fai que moitos, os que poden, estiren ao máximo o verán. Isto fai que estradas como a que une a cidade de Pontevedra cos areais das vilas de Poio, Sanxenxo ou o Grove estean estes días practicamente intransitables.

Moito tráfico a todas horas e atascos importantes a horas puntas, coma esta de regreso das praias. E é que estes días o tempo do traxecto dende Pontevedra a moitas das praias desta costa mesmo se chega a triplicar. Aos condutores non lles queda outra que armarse de paciencia e aguantar longas ringleiras. 

Noticias web

17/08/2021