CRTVG

Buscar

O regreso das feiras medievais comeza esta fin de semana co mercado de Mondoñedo

Publicado o 13/08/2021 21:29

Os feirantes apuran a montar os postos para vender o máximo posible durante a fin de semana no Mercado Medieval de Mondoñedo. Logo de dous anos, o regreso desta feira é a mellor noticia para eles, xa que a proximidade con Lugo e coa Mariña fai que a cidade se encha de turistas nestas datas. Hoxe xa se fixeron algunhas vendas e celébrase o regreso á normalidade aínda que sexa pouco a pouco.

Os feirantes ubícanse na contorna da praza do seminario mentres que as actividades para o público van ter lugar ás portas da catedral. As medidas de seguridade sanitarias inclúen o uso das máscaras e a limitación da ocupación nas actividades. Aínda con iso, o Mercado Medieval supón a volta dun clásico do verán e unha ocasión inmellorable para coñecer unha das cidades con máis historia de Galicia.
 

Noticias web

13/08/2021