CRTVG

Buscar

O regreso ás aulas, marcado polas restricións e a vacinación dos menores

Publicado o 28/08/2021 15:50

O regreso ás aulas estará novamente marcado pola pandemia e as restricións, con algunhas novidades que coñeciamos esta semana. O Conselleiro de Educación, que visitaba este sábado o Colexio Seara de Moaña, destacou que o avance da vacinación dos menores xunto cos 1.250 profesores de reforzo contratados pola Xunta favorecerán que o vindeiro curso escolar sexa, dixo, "un éxito"

O curso escolar comezará en poucos días, e fárao, en palabras do Conselleiro de Educación, "con máis certezas" que o curso anterior polo xa aprendido e polo avance da vacinación, tamén nos menores. Será, iso si, un curso marcado aínda pola pandemia e as restricións... no que se manterán os grupos burbulla en infantil e primaria e será obrigatorio o uso de máscara para os maiores de seis anos. A distancia de seguridade poderase reducir de metro e medio a 1,2 metros en secundaria. Poderá haber máis alumnos por clase e poderase compartir material e obxectos de xogo.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación: "Dá a sensación que grazas ao ritmo de vacinación se presenta con máis certezas que o ano pasaso, xunto á vacinación de todos o alumnado de máis de 12 anos que terá a dobre pauta na semana do 13 ao 19, tamén este ano non imos a cegas"
Uns 1.250 profesores de reforzo contratados pola Xunta comezarán a traballar xa en setembro, dentro do plan 'Recupera'. Os docentes reforzarán contidos e competencias dos alumnos, tras as carencias de aprendizaxe provocadas por la pandemia.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación: "En primaria, por exemplo, o mantemento dos grupos burbulla nos leva a ter que reforzar as plantillas de primaria e tamén as de secundaria cando chegue o momento e coñezamos a matriculación, igual que en FP"
Segundo o Conselleiro de Educación, o ano pasado o curso escolar foi "un éxito" en Galicia e espera que éste que vai comezar sexa finalmente o curso de transición á normalidade.

Noticias web

28/08/2021