CRTVG

Buscar

O rector da USC é o embaixador do Camiño en Barreiros

Publicado o 21/08/2021 19:02

Este home, que exerce a dirección, o goberno e a xestión da Univeridade ten, dende hoxe, un novo deber: o de ser embaixador do Camiño de Santiago en Barreiros; un vencello entre a terra e o catedrático que existe dende que, no 1964, naceu en San Xulián de Cabarcos, no concello de Barreiros

É o rector da USC dende hai máis de tres anos, pero nunca perdeu o vencello coa zona, onde se lle recorda con afecto, mesmo a alcaldesa, Ana Hermida, que foi alumna súa e lle profesa moito afecto e admiración.

Ademais, o rector será un bo embaixador, xa que fixo o camiño a Compostela seis veces, unha delas polo Camiño Norte, que atravesa Barreiros.

Cada día máis peregrinos escollen esta rurta para chegar a Compostela.

O nomeamento de Antonio López como embaixador do Camiño en Barreiros é unha iniciativa máis do proxecto "O Camiño a bocados", promovido pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses, un proxecto co que se trata de enxalzar as zonas que percorre a ruta xacobea.

Noticias web

21/08/2021