CRTVG

Buscar

O recinto feiral do IFEVI contará cunha pista cuberta de atletismo

Publicado o 08/01/2021 16:13

O recinto feiral de Vigo contará cunha pista cuberta de atletismo de seis estaxes e zonas para a práctica de cinco disciplinas deportivas.

Alberto Núñez Feijóo presentou hoxe o proxecto de ampliación do IFEVI, que vai comezar axiña e prevén que estea rematado en seis meses. O presidente da Xunta dixo que estas instalacións son unha solución provisional e complementaria ás pistas proxectadas para Balaídos e defendeu o uso polivalente dos recintos feirais.

Noticias web

08/01/2021