CRTVG

Buscar

O rebentón dunha tubaxe deixa 65 vivendas sen auga en Ourense

Publicado o 22/06/2021 13:30

O rebentón dunha tubaxe deixou sen auga máis de medio cento de vivendas na cidade de Ourense. Ocorreu contra as oito e media da mañá. A auga, que saía con moita forza, arrastrou grandes cantidades de terra rúa abaixo e filtrouse ao interior dun almacén de roupa.

Un guindastre tivo que retirar os coches que estaban aparcados para reparar a avaría. As obras obrigaron a pechar ao tráfico un treito da rúa e 65 vivendas quedaron sen subministración de auga.

Noticias web

22/06/2021