O rebentón dun pneumático causa danos a tres vehículos
Publicado o 13/02/2020 22:30

A un vehículo articulado estoupoulle unha roda o xoves á tarde cando circulaba pola autovía Benavente-Porriño, á altura de Sandiás (Ourense). Tanto a protección do pase de roda coma o faldrón saíron disparados e quedaron tirados na estrada.
Tres vehículos que ían detrás sufriron danos nos seus pneumáticos. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Verín para auxiliar os afectados.