CRTVG

Buscar

O Real Madrid vence o Atalanta e métese en cuartos da Champions (3-1)

Publicado o 16/03/2021 22:56
O Real Madrid vence o Atalanta e métese en cuartos da Champions (3-1)

O Real Madrid impúxose este martes ao Atalanta (3-1, 4-1 no global) nun partido que encarrilou con dous tantos iniciais, do francés Karim Benzema no minuto 34 e de Sergio Ramos no 60, de penalti, para volver aos cuartos de final da liga de Campións tras dúas tempadas caendo en oitavos.

O colombiano Luís Muriel reduciu distancias no minuto 82 cun gran disparo de falta, pero os do galo Zinedine Zidane non tardaron en repoñerse e disipar calquera tipo de dúbida, aínda que afastada, que puidese xerarse, co tanto do español Marco Asensio dous minutos máis tarde, nada máis entrar ao campo.

O erro de Marco Sportiello no minuto 34, que aproveitou Benzema para facer o 1-0, afundiu a moral dun Atalanta que saíu a impoñer un ritmo alto ao Alfredo dei Stéfano.

3-1, e o Real Madrid volve aos cuartos de final da Champions tres anos despois.