CRTVG

Buscar

O Real Madrid sentencia a eliminatoria de Copa cun 0-4 en Melilla

Publicado o 01/11/2018 10:10
O Real Madrid sentencia a eliminatoria de Copa cun 0-4 en Melilla

Imos co que aconteceu onte na copa do Rei comezando polo R. Madrid. A estrea de Solari produciuse no feudo do Melilla e ...con ou sin testosterona, os brancos resolveron o trámite marcando 4 goles. O Madrid segue buscando adestrador pero o normal é que esta fin de semana, ante o Valladolid, Solari, siga dirixindo ao equipo.

Cómoda estrea de Solari no banco do Real Madrid, coa Copa como escenario e un cómodo sparring como o Melilla, un dos galos da Segunda B que afrontaba a eliminatoria como un premio. Como adoita acontecer, o equipo branco tivo que aguantar as acometidas dos locais nos primeiros minutos, pero axiña se fixo co control da situación. A conta abriuna á media hora Benzema, que non desaproveitou un bo servizo de Odriozola desde a dereita. Antes do descanso o partido quedaba resoltop co 0 a 2. Vinicius, que xogou todo o primeiro partido de Solari, asiste desde a esquerda a Marco Asensio, que non perdoa desde o punto de penalti. O Real Madrid levantou o pé tras o descanso e o Melilla foi á busca do gol da honra, pero a pegada branca é moito maior, e dispuxo das ocasións máis claras.

O terceiro tanto é unha boa mostra diso. A doce da conclusión, unha eterna xogada con remates de Asensio e Vinicuius, moi activo durante todo o partido, foron desbaratadas por Barrio. Pero o balón quedou morto finalmente para que o empuxase a gol  outro dos destacados, Odriozola. A canteira tivo protagonismo no partido, e tamén no resultado final grazas ao gol de Cristo que pechaba o marcador no último minuto. Rematou unha acción de estratexia que centrou, quen se non, Odriozola. O Real Madrid deixa sentenciada a eliminatoria copeira, e pódese centrar en endereitar o rumbo na Liga.

 

Noticias web

01/11/2018