CRTVG

Buscar

O Real Madrid derrota ao Xetafe, que non presentou oposición (2-0)

Publicado o 09/02/2021 22:49

Dous goles dos franceses Karim Benzema e Ferland Mendy na segunda parte permitiron ao Real Madrid vencer por 2-0 ao Xetafe no partido aprazado correspondente á primeira xornada de LaLiga Santander disputado no estadio Alfredo Di Stefano.

O Real Madrid adiantouse no marcador aos 59 minutos tras un centro de Vinicius desde a dereita que Benzema, gañándolle a partida no salto a Cabaco, rematou a gol. Pouco despois, noutra xogada colectiva do Real Madrid, Marcelo aproveitou un oco pola banda esquerda para poñer un centro que Mendy, só no centro da área, rematou a gol para marcar o segundo.

Coa vitoria, o Real Madrid sitúase segundo con 46 puntos, a cinco do líder, o Atlético de Madrid, que ten dous partidos menos. O Xetafe é décimo terceiro con 24, catro por encima do descenso.