CRTVG

Buscar

O Real Madrid brilla e golea 6-1 a un Mallorca que non tivo opcións

Publicado o 23/09/2021 13:17

Volcánico, explosivo, emagador. Así saíu o equipo de Ancelotti, con Camavinga e Asensio no medio do campo. Unidade B con rendemento de titulares.

No minuto 3, erro de Gayá. Pelota madura para Benzema que bate a Reina quen, malia todo, toca na bola sen poder segar a traxectoria de gol deseñada polo francés.

No minuto 24, segundo dos brancos: Vinicius xoga para Rodrygo, manobra este dentro da área e pelota á que Reina non lle da avío. A perna oportuna de Asenio barre entre rexeites e marcar o seu primeiro gol nunha gran noite do mallorquino.

Con vantaxe no marcador, despiste do Madrid que deixa pasar por entre un mar de xogadores a Lee Kang-in. O coreano métese entre o mato coa habilidade dun coello fuxidío e na vertical bate no redondo para poñérllelo fóra de distancia a Courtois.

Non pasados cinco minutos repite Asensio. De electrón ceibo polo medio do campo, e co traxe inédito de media punta, recibe de Benzema na balconada da área e por velocidade, deixando pola popa á defensa, bate a Reina na saída.

Máis madeira para os brancos no segundo tempo. Proba outro recurso Asensio: danza pola frontal, peta exquisito co interior da zurda e pelota que entra no copo da rede.

No quinto, sen Asensio no campo, Benzema ben se lambe só e marca logo de baixar co lombo un pase profundo, e longo coma un día sen pan, co que Alaba engala o balón dende o medio do campo.

Outra pelota longa de Alaba, tremendo pasador, chega a Vinicius pisando área. O brasileiro aguanta para ligar con algún socio con posibles e atopa a Isco no punto de penalti. Zapateo malagueño e 21 goles do Madrid en seis partidos.

Noticias web

23/09/2021