O Rápido, único que gaña nunha xornada onde o Pontevedra e o Coruxo empataron
Tendo en conta que o Fuenlabrada e o filial do Atlético empataron, ou que a Ponferradina perdeu, era o día para que o Pontevedra gañase e seguise acosando a zona de ascenso. Pero o día ennegreceu cun gol dun ex do Pontevedra, Adrian Cruz, no minuto 89.
O caso contrario viviuno o Coruxo. Temporada impresionante. Empatou no minuto 94. Suma e segue arriba: nove xornadas sen perder.
De pelexar nunha situación límite sabe o Rápido. Volveu gañar mes e medio despois. E colócase a cinco puntos da salvación.
Morto está o Fabril. Volveu perder. Desapareceu o efecto Luisito. Só logrou un punto dos últimos doce posibles. De equipos en crise tamén está o Celta B. Ollo. Só ten catro puntos sobre o descenso e perdeu tres dos catro últimos encontros.
Na terceira galega, perderon o Bergantiños e o Rácing de Ferrol. O Rácing caeu en San Lázaro ante un Compostela que foi o gran beneficiado da xornada. Gañou a SD por 4 goles a 3. A figura do partido foi Álex Ares. O dez do Compostela asinou tres goles nun partido de tolos. O Compostela queda a 4 puntos do liderado.