CRTVG

Buscar

O rally de Ourense fai por primeira vez na súa historia un treito en Allariz, a casa de Javier Pardo

Publicado o 14/07/2021 13:20

O treito de Allariz será ofrecido en directo pola G2

O piloto ourensán Javier Pardo, embarcado no Campionato de Europa de rallys onde en xuño xa callou unha magnífica actuación en Polonia ao gañar a categoría ERC2, será un dos pilotos que cumprirá seguir no rally de Ourense, que este ano estrena treito en Allariz, a terra de seu de Pardo.

O rally de Ourense disputa por primeira vez na súa historia un treito en Allariz

O allaricense non vai pilotar na casa o seu Suzuki Swift Rally S do campionato continental; iso réstalle posibilidades para a vitoria na proba ourensá, mais non lle quita obxectivos que cumprir.

Pardo correrá cunha unidade diferente, que lle resta posibilidades de vitoria

O Rali de Orense, que se disputa estes vindeiros venres e sábado adoita ter na calor un dos seus retos máis importantes e, nesta edición, tres treitos para decidir a proba.

Amoeiro, A Peroxa e Allariz, este último por inédito e complicado, os treitos chave

Os profetas en terra propia non abondan. Javier Pardo parte, a priori, coa desvantaxe do coche, mais contará con todo o apoio dos afeccionados de Allariz, que este ano van ver os coches pasar pola porta.

Noticias web

14/07/2021