CRTVG

Buscar

O radar do túnel de Conxo, en Santiago, pon unha media de 185 sancións ao día

Publicado o 08/10/2020 14:52

Os condutores que transitan a diario pola estrada SC-20 coñecen seguro o radar do tunel de Conxo. 

Pode que os que non o fagan a diario tamén se fixen, pero é probable que se van despistados sufran algún que outro disparo.

Este radar só leva instalado tres meses e nese curto período de tempo impuxo más de 17.000 multas, o que supón unha media de 185 sancións ao día.

Todos os condutores coinciden en que a única finalidade que lle atopan a este radar é recadatoria, xa que polas características que presenta o tramo non o ven necesario. 

Son moitos os que están desexando que o quiten, pero parece que a polémica que xira arredor deste radar vai continuar, xa que nada apunta á súa retirada. 

 

Noticias web

08/10/2020