CRTVG

Buscar

O radar do Fiouco, na A-8, rexistrou 14.289 denuncias o ano pasado

Publicado o 10/06/2021 14:19

O radar que máis infraccións detecta e sanciona da provincia de Lugo é a do Fiouco, na autovía A-8 ao seu paso por este concello da Pastoriza: rexistrou 14.289 denuncias o ano pasado, segundo informou nas últimas horas a DXT.

O 2020 foi o ano do confinamento, pero é que ademais hai que engadirlle neste caso que este treito da autovía hai que pechalo moitos días, sobre todo na primavera e verán, por culpa das densas néboas, e desviar o tráfico á estrada Nacional 634. Só hai un radar na nosa comunidade que poña máis multas aos infractores, o instalado na Avenida de Alfonso Molina na Coruña.

Tráfico deu a coñecer onte a lista dos 50 radares máis produtivos de España, entre os que hai 5 en territorio galego: este do Fiouco, o da Coruña, dous moi próximos na A-55 preto da entrada a Vigo e o do túnel da Cañiza da A-52.

Noticias web

10/06/2021