O Rácing pediu adiar a xornada de 2ª B ao completo
Publicado o 05/03/2021 20:20
• A Federación decidiu adiar só o Coruxo-Racing
• Son seis xogadores e un técnico, os afectados
O gromo do Rácing de Ferrol segue a medrar e xa son 7 os afectados. Ademais dos 6 xogadores hoxe soubemos que un membro do corpo técnico tamén está afectado. Ante esta situación, o club pediu adiar a xornada ao completo, pero a Federación decidiu pospoñer só o seu partido ante o Coruxo.