O Rácing pecha a pretemporada con derrota fronte ao Coruxo (1-2)
No último ensaio de pretemporada chegou a primeira derrota do Rácing. Foi na Malata, diante dun Coruxo que tomou vantaxe logo dunha falta directa de Antón de Vicente que rexeita Diego Rivas. O máis vivo foi o arxentino Antonini, que recolleu o balón solto e marcou a pracer.
No epílogo da primeira metade chegou o 0-2. Presiona Miguel Garci ao lateral Candelas provocando o seu erro. O propio Garci define ben diante da meta ferrolán. O Rácing incrementou o seu dominio no segundo tempo pero non puido marcar ata o minuto 88. Dani Nieto recolle e envía á rede o rexeitamento dun fenomenal disparo de Manzarara á trabe.
Para os de Cristóbal Parralo a próxima cita será xa oficial, na estrea de Primeira Federación. O Coruxo, na segunda agardará unha semana máis.