CRTVG

Buscar

O Rácing gaña unha nova proba da pretemporada diante do Compostela

Publicado o 15/08/2021 21:09

Era un partido amigable, pero na primeira parte vimos máis xogadores no chan que ocasións de perigo e máis expulsados que goles. Aos 35 minutos Primo veu a segunda amarela por protestar e deixou ao Compos cun menos. E antes do descanso quedamos con esa falta de Antas que deu no ferro. E cun centro chut de Héber que se envelenou e preto estivo de darlle un disgusto a Pato. Nada máis.

Na segundo tempo, o Rácing impuxo a súa xerarquía e levou o partido. Marcou aos tres minutos logo dun cacheirolo de Álex López que rexeitou con problemas Borja Rey e acertou a concretar Luís Chacón. O Compos buscou sempre, pero nunca encontrou o xeito de mancar aos ferroláns e, se alguén puido marcar, ese foi de novo o Rácing, con Dani Nieto. 1-0 final en Cantarrana e o trofeo Cidadade de Viveiro que marchou cara Ferrol.

Noticias web

15/08/2021