CRTVG

Buscar

O Rácing deixa os deberes para a derradeira xornada

Publicado o 01/05/2021 19:53

 

Primeira bala desperdiciada. O Rácing segue dependendo de sí mesmo, pero non puído lograr o obxectivo ante o Numancia. O equipo soriano foi mellor no primeiro tempo. Os de Cristóbal non puideron desenvolver o seu xogo frnte un rival coas ideas moi claras. Amosaron os sorianos a súa perigosidade a balón parado. Así conseguiron o seu gol. No minuto 28, nun córner mal defendido, Borja López batía a Diego Rivas. Máxima efectividade dos visitantes, que durante a primeira metade non concederon en defensa e estivero atentos aos erros racinguistas para levar a inquedanza as bancadas da Malata. Os seareiros ferroláns levaron un bó susto na última xogada antes do tempo de lecer. Menudo estivo a piques de lograr un golazo logo dun erro na saída de balón. O longueiro evitou que a misión para o segundo tempo fose case imposible. Á volta dos vestíaros a decoración cambiou por completo. O Rácing foi un vendaval nos primeiros minutos. Ximo Miralles fixo a súa primeira intervención de mérito ante Joselu. No córner posterior, o árbitro non apreciou un claro penalti por agarrón de David Castro a Yeferson Quintana. Deulle igual aos locais, cunha mentalidade distinta neste segundo acto. E o empate chegou no 51. Gran centro de David Rodríguez e volea precisa de Joselu. Xusto premio para o conxunto ferrolán, que buscou unha remontada que non chegou en boa medida pola actuación do gardameta do Numancia. Miralles evitou cun auténtico paradón o gol que xa se cantaba de Nathan. Volveu intervir tras un disparo con moita intención de Joselu. O Rácing insistía, pero con derrubaba o muro. E o que é o fútbol. Na única ocasión visitante da segunda metade o Numancia puído levar a vitoria. No minuto 88, un mal despexe de Yeferson Quintana estivo preto de converterse no un a dous. A última opción foi para Nathan no tempo engadido, pero o marcador xa non se moveu. Empate final que deixa todo por decidir, á espera do que faga mañá o Deportivo, para unha última xornada na que o Rácing, gañando en Luanco, será equipo de primeira federación.