O RACE advirte de que pagar por usar as autovías incrementará a sinistralidade
Publicado o 21/04/2021 16:08
O Race teno claro. Se hai que pagar polo uso das autovías vaise producir un aumento de tráfico en estradas que non están preparadas para absorbelo.
Os condutores, din dende o RACE, achegan máis en forma de impostos ás arcas do Estado do que reciben en materia de conservación e mantemento de infraestruturas. É dicir, o condutor xa paga con impostos polo uso e mantemento das autovías.
Pagar por uso de autovía acabaría repercutindo tamén no transporte de mercadorías. E ese incremento de prezo dos produtos afectaría outra vez ao mesmo, ao cidadán. Así que non estraña que o 74 por cento dos condutores españois se opoñan ao pago por circular por autovías.