CRTVG

Buscar

O quilo dos primeiros percebes do Roncudo cotiza na lonxa ata os 150 euros

Publicado o 18/12/2020 14:42

Falta xa menos dunha semana para a primera cea especial do Nadal e entre a abundante oferta de marisco suscitan a nosa curiosidad os primeiros percebes procedentes do Roncudo.

Non os encontramos, pero si quen nos informe de como foi a cotización na lonxa.

"As primeiras paradas foron arredor de 150-160 euros o quilo e pertencía a percebe do Roncudo. Dentro dese hai varios tamaños. Non ten por que ser todo gordo. Tamén hai percebe pequeno, pero é verdade que sempre adoita ser o máis caro na poxa, porque tén máis tamaño", dinos un vendedor.

Estamos nun ano distinto e en moitos fogares agardan aínda para pechar menú, polo que agardan que se venda máis nos próximos días. Tamén percebes.

Noticias web

18/12/2020