'O que arde' é a 'peli' que máis recadou en versión orixinal galega
Publicado o 19/11/2019 13:44
O filme galego O que arde, dirixido por Óliver Laxe, xa é o que máis recadou en versión orixinal galega. Estreouse o pasado 11 de outubro e a día de hoxe xa supera os 62.500 espectadores.
Así, O que arde convértese no filme falado en galego con maior número de espectadores en salas, por riba do histórico Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro.
Este dato anunciouno Numax a través da súa conta de Twitter:
O QUE ARDE supera os 62.500 espectadores, o que o sitúa como o filme falado en galego con maior número de espectadores en salas, por riba da histórica SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro
— NUMAX Distribución (@numaxfilms) November 18, 2019
Dúas obras fundamentais para unha cultura, un idioma, un pobo.
[ @O_Que_Arde · @miramemira ] pic.twitter.com/KAlPLoJQ1T