CRTVG

Buscar

'O que arde', de Oliver Laxe coa participación da TVG, chega aos cines

Publicado o 11/10/2019 15:33

O que arde chega hoxe á carteleira. O filme de Oliver Laxe participado pola Televisión de Galicia estréase en 20 salas de Galicia.

Gañador dun premio no Festival de Cannes e primeiro filme en galego en se proxectar no certame francés, O que arde retrata a historia dun pirómano que volve á casa logo de saír do cárcere.

Os Ancares e o estilo de vida no rural galego que esmorece son os grandes protagonistas da película. En España, o filme chega ás carteleiras con 50 copias.

Noticias web

11/10/2019