"O que arde" compite á mellor longametraxe nos premios Forqué
Publicado o 11/01/2020 11:02
O que arde, do director Oliver Laxe compite hoxe como a mellor longametraxe nos Premios Forqué. Noutra categoría, a do Premio ao Cine e Educación en Valores, aspira a galardón a película Elisa e Marcela de Isabel Coixet, baseada na historia real da relación amorosa entre dúas mulleres galegas.
O que arde compite nos galardóns entregados polos produtores do cine español con Dolor y gloria de Almodóvar; con Mientras dure la guerra de Amenábar e con La trinchera infinita, do trío formado por Aitor Arregi, Jon Garaño e Jose Mari Goenaga.
É a primeira vez que un filme en galego pode acadar este premio dotado con 30.000 euros.