O PSOE rompe o pacto de goberno en Cangas e sopesa unha moción de censura contra a alcaldesa
Publicado o 14/07/2021 15:19
O PSdeG dá por roto o pacto de Goberno en Cangas e sopesa unha moción de censura contra a alcaldesa. A rexedora, de Alternativa Canguesa de Esquerdas, destituíu os edís socialistas de Urbanismo e Medio Ambiente por "perda de confianza" tras a execución dunha obra na praia de Rodeira.
Eugenio González e Pilar Nogueira aseguran que as razóns son outras e acusan a Victoria Portas de querer gobernar en solitario. Portas foi elixida sucesora do alcalde de Cangas, falecido en xaneiro, co apoio dos catro concelleiros da súa formación e dos catro socialistas.
A TVG intentou sen éxito contar coa declaración da alcaldesa.