O PSOE propón un único debate televisado entre candidatos sen Errejón
Con vistas ás xerais, os partidos políticos preparan a campaña e, como non, os debates electorais. O Partido Socialista propón un único debate televisado entre os candidatos, e pon data: o 4 de novembro, seis días antes das eleccións.
Pedro Sánchez pide un debate a cinco, con Casado, Rivera, Iglesias e tamén Abascal, como novidade con respecto dos anteriores. Queda fóra o candidato de Más País, Íñigo Errejón. O comité electoral socialista pide que organice "con carácter neutral", é dicir, que as canles interesadas se poñan de acordo entre si.
Pablo Iglesias, o candidato de Unidas Podemos, cre que cantos máis debates, mellor. Incluso propón incluír a Íñigo Errejón, co que, por outra banda, rexeita un cara a cara.
Nese debate, a economía será un dos eixes principais. De feito, xa o está sendo na precampaña. Pedro Sánchez pide prudencia, sen alarmismos, ante os indicadores de recesión económica, unha actitude que critica o Partido Popular.