O PSOE presentou hoxe o seu lema de campaña: Fai que pase
Publicado o 02/04/2019 16:03
O PSOE presentou hoxe o seu lema de campaña: Fai que pase. E fan un chamamento masivo ás urnas o 28 de abril. O PP acúsaos de demagoxia e de conducir a unha nova recesión. Podemos volveu defender un goberno de coalición progresista.
Ciudadanos di que botar a Sánchez da Moncloa é unha cuestión de estado.
O líder de Podemos aposta por un goberno de coalición co PSOE e aspiran a lideralo.
O PSOE presentou o spot e o lema da súa campaña electoral "Fai que pase", apelando aos votantes a unha mobilización masiva o 28 de abril.
O PP dálle a volta a ese lema. Comprometeuse a revalorizar as pensións e dixo que este ano soben grazas aos presupostos de Rajoy.