CRTVG

Buscar

O PSOE non racha o pacto e continuará no Goberno de Cantabria

Publicado o 09/01/2020 09:11

O PSOE non racha o pacto e continuará no Goberno de Cantabria. Decidiuno por unanimidade a executiva rexional do partido, a pesar de que o seu socio de goberno, o Partido Rexionalista de Cantabria, votara non á investidura de Pedro Sánchez.

Pola súa banda, o PRC convocou hoxe unha executiva para analizar a situación. A secretaria de Organización dos socialistas desta comunidade lembrou que teñen presidente autonómico, Miguel Ángel Revilla, grazas ao acordo entre os dous partidos. PRC e PSOE, ademais, gobernan de maneira conxunta en máis dunha quincena de concellos cántabros.

Noticias web

09/01/2020