CRTVG

Buscar

O PSOE necesita sumar catro voto para que prospere a moción en Castela e León

Publicado o 22/03/2021 15:26

As Cortes de Castela e León acollen o debate da moción de censura contra o Goberno de PP e Ciudadanos. A iniciativa do PSOE precisa de catro votos máis para prosperar, e os socialistas manteñen a esperanza tras a baixa de Ciudadanos dunha procuradora.

O candidato do PSOE, Luis Tudanca, xustificou a moción pola necesidade dunha rexeneración. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Fernández Mañueco, acusouno de actuar por orde da Moncloa. O vicepresidente, Francisco Igea, de Ciudadanos, cualificou a moción de "obsceno xogo político".

Noticias web

22/03/2021