CRTVG

Buscar

O PSOE inclúe un ingreso mínimo vital no seu programa electoral

Publicado o 27/03/2019 15:52

O PSOE presentou os 110 compromisos cos que concorren ás eleccións nun acto con todos os ministros e cabezas de lista. Prometen regular a eutanasia, a suba de impostos ás grandes empresas, unha lei contra a violencia infantil ou un ingreso mínimo vital. Di Sánchez que o 28 de abril está en xogo seguir avanzando ou retroceder 40 anos.

Ciudadanos reitera a súa oferta ao PP dun goberno de coalición liderado por Rivera. Para o PP é unha mostra máis das contradicións de Rivera, ofrecer a coalición cando rematou o prazo para formala. Din que fronte a iso, Casado é o único valor seguro, de aí o lema da campaña.

 

Noticias web

27/03/2019