CRTVG

Buscar

O PSOE expulsa os históricos Leguina e Redondo por apoiar a Ayuso

Publicado o 07/05/2021 09:49
O PSOE expulsa os históricos Leguina e Redondo por apoiar a Ayuso

O PSOE decidiu abrir expediente de expulsión contra o exsecretario xeral dos socialistas vascos Nicolás Redondo Terreros e o expresidente da Comunidade de Madrid Joaquín Leguina. Os exdirixentes socialistas levan tempo sendo críticos co seu partido, e mesmo apoiaron a Isabel Díaz Ayuso na recente campaña electoral de Madrid. 

Os dous acompañaron a Ayuso durante a campaña a visitar un centro de equinoterapia do que Redondo é presidente e Leguina patrón. O presidente do PP, Pablo Casado, abriulles a porta do partido aos dous históricos socialistas.