CRTVG

Buscar

O PSOE e Unidas Podemos fan unha reivindicación do 8-M e do feminismo

Publicado o 07/03/2021 14:31

Nun acto do PSOE con motivo do 8-M, Pedro Sánchez dixo que a defensa do feminismo constitúe "unha esixencia moral" e que se equivocan os que se fregan as mans pola ausencia de concentracións masivas este ano. Proclamou que o PSOE é o partido da igualdade.

"Somos o partido, e antes reivindicámolo aquí, que impulsou en primeira liña (díxoo antes Carmen) o dereito ao divorcio e ao aborto. Somos o partido da lei contra a violencia de xénero, do matrimonio igualitario, da lei de identidade de xénero, da dependencia, da eutanasia, querida Adriana", manifestou Pedro Sánchez facendo alusións a Carmen Calvo e Adriana Lastra.

Nun encontro de mulleres de Unidas Podemos, a ministra de Igualdade, Irene Montero, explicou que un reto do feminismo é cambiar os modelos do poder, que "non só hai poder cando se rompen os teitos de cristal".

"Nós sabemos que soamente imos conseguir profundar a democracia e conquistar os dereitos para todas se o poder se distribúe, se hai poder nas redes veciñais, se hai poder nos sindicatos, se hai poder nos centros de estudo, se hai poder popular", manifestou Montero.

Noticias web

07/03/2021